EXERCICIOS

Exercicios de autoavaliación
Sección 5: Morfoloxía. Orixe e formación das palabras. As
palabras variables 1 (substantivo e adxectivo)
1. Nas seguintes palabras separa lexema, prefixos e sufixos. Fíxate no exemplo:

 palabra  morfema derivativo prefixo    lexema   morfema derivativo sufijo  morfema flexivo xº nº
Revestimento re-                                     -vesti-               -mento
Desordenados
Reincidente
Nacionalismo
Internacionalismos
Intocable
Proximidades
Canastrón
Escanastrado
Estragados
Bosques
2. Define patrimonialismo, cultismo e semicultismo. Exemplifica estes conceptos analizando as palabras derivadas do latín <MACULA.
3. Observa estes prefixos gregos e latinos, escribe o significado de cada un deles e explica o significado das palabras coas que se achegan:
Prefixo Significado Palabra Significado

Des- negación, carencia desacougo falta de acougo
Ante- ... antediluviano ...
In- inaudible
Super- supersónico
Anti- antiaéreo
Intra- intravenoso
Sub- subcutáneo
Pre- prematrimonial
Hiper- hipertensión
Extra- extraterrestre

4. Completa a seguinte táboa coas palabras que faltan tendo en conta que, nalgúns casos, en cada cadro poden ir varias palabras:

LATÍN CULTA E SEMICULTA PATRIMONIAL
LUNAM
COLOREM
MOLAM
TABULA
VOLUNTATE
5. a) Continúa completando a lista seguinte:

Substantivo Adxectivo Verbo
.................. vividor ..................
venda .................. ..................
.................. .................. estudar
navegación ................. ..................
.................. choroso ..................
acusación .................. ..................
prata .................. ..................
.................. abotoado ..................
.................. escuro ..................
.................. ledo ..................

b) Fai o mesmo, pero agora creando substantivos a partir de adxectivos engadindo segundo corresponda os sufixos -ancia, - encia:

Adxectivo Substantivo
adolescente ...................
exuberante ...................
ignorante ...................
infantil ...................
inconsciente ...................
repugnante ...................
obediente ...................

c) Agora escribe os adxectivos correspondentes a partir de verbos engadindo o sufixo -nte:
Verbo Adxectivo
transixir ..................
reincidir ..................
vivir ..................
seguir ..................
relucir ..................
servir ..................

d) Crea os substantivos a partir dos seguintes verbos engadindo o sufixo -mento:
Verbo Substantivo
coñecer ..................
investir ..................
revestir ..................
seguir ..................
tratar ..................
rexurdir ..................

6. Os sufixos -ite / -te teñen o significado de ‘inflamación’. Escribe o nome das enfermidades utilizando este sufixo:
- Inflamación das amígdalas: .....................
- Inflamación do apéndice: .........................
- Inflamación da farinxe: ..........................
- Inflamación dos bronquios: .......................
- Inflamación do encéfalo: .........................
- Inflamación do colon : ............................

7. a) Clasifica a seguinte familia de palabras segundo a categoría gramatical:
persoal, personificar, impersoal, persoalmente, personaxe, persoa, personalidade, personificado, personalizar, personificación
Substantivos Adxectivos Verbos Adverbios

b) Segundo o modelo do exercicio anterior, escribe a familia de palabras de frío. Clasifica os diferentes elementos da familia en catro categorías gramaticais como no apartado anterior.
Substantivos Adxectivos Verbos Adverbios

8. Escribe tres palabras derivadas de cada unha das seguintes:
Recibir:
Prohibir:
Servir:
Atribuír:
Contribuír:
Ferver:
Conversar:
Atrever:

9. Na táboa seguinte substitúe os castelanismos léxicos pola forma culta galega. Se a descoñeces, utiliza un dicionario bilingüe:
Castelanismo Forma correcta Castelanismo Forma correcta
hacienda helado
lunes niebla
jueves granizo
viernes novio/a
escuela suelo
enseñar viúdo/a
cerilla dirección
chorizo zanxa
cena carretera
comida (mediodía) calle
manzanilla acera
menta-poleo cuneta
dulce fecha
cuchara cuello
cucharilla riñón
cuchillo rodilla
tenedor basura
agotado/a apellido
estadística apodo
alcantarilla aceituna

10. Cita polo menos cinco castelanismos plenos (innecesarios e propios da lingua coloquial descoidada). Substitúeos polos termos galegos correctos:

11. Sinala deste xeito 􀀴 as palabras femininas da seguinte listaxe; se non coñeces o significado dalgunha delas, consúltao no dicionario:
􀂅 verme
􀂅 sofraxe
􀂅 cirurxiá
􀂅 orde
􀂅 sal
􀂅 dote
􀂅 orixe
􀂅 aula
􀂅 suor
􀂅 pelve
􀂅 traxe
􀂅 carótide
􀂅 pube
􀂅 empeña
􀂅 peluxe
􀂅 leite
􀂅 cor
􀂅 asma
􀂅 arte
􀂅 sinal
􀂅 aguia
􀂅 lume
􀂅 hepatite
􀂅 fame
􀂅 marxe
􀂅 cume
􀂅 cárcere
􀂅 legume
􀂅 nariz
􀂅 sangue
􀂅 xordén
􀂅 cuspe
􀂅 dor
􀂅 garaxe
􀂅 costume
􀂅 pe
􀂅 couce
􀂅 árbore
􀂅 mel
􀂅 icona
􀂅 auga
􀂅 cute
􀂅 síndrome
􀂅 xiz
􀂅 ubre
􀂅 labor
􀂅 cordal
􀂅 análise
􀂅 cidadá
􀂅 ponte
􀂅 alma
12. Escribe catro parellas de substantivos en que a oposición de xénero marque unha diferenza de significado:
13. Escribe en feminino as seguintes oracións mudando todos os elementos posibles:

- Un neno enfermo foi ao compoñedor para que o sandase.

- Os cidadáns composteláns decidiron por referendo que cada un deles poría na porta da súa casa un cesto con froitos temperáns.
- Os meus curmáns máis novos agasallaron a Xosé cun bonito boneco de peluche de cor amarela.
- O xuíz fixo calar ás testemuñas do acusado e o seu avogado abraiado por semellante comportamento decidiu abandonar a sala do xulgado.
- Cando o director do hospital falou co cirurxián xa moitos doentes presentaran denuncias contra el.
- O árbitro amoestou os xogadores do equipo local e o seu adestrador amosouse anoxado.

14. Pon as frases seguintes en plural e modifican todos os elementos que cumpran:
- O cónsul viaxaba nun automóbil negro.
- O pardal estaba pousado no farol.
- Este camión sae o venres.
- Volve a escribir o final da historia.
- O meu reloxo é de ouro.
-O caracol é un animal da familia dos moluscos.

15. a) Escribe unha comparación en que empregues obrigatoriamente coma e ca, e outra en que empregues tamén obrigatoriamente como e que:

b) Razoa: por que non podemos dicir máis maior, moi mínimo, optimísimo?
c) Cando sofren apócope os adxectivos grande e santo? Demóstrao con exemplos teus:
d) Cales son os as diferenzas que se producen entre os adxectivos segundo vaian antepostos ou pospostos ao substantivo? Escribe oracións que o demostren:

16. a) Completa as oracións seguintes coa conxunción comparativa axeitada en cada caso:
- Teño unha irmá máis nova _____ min.
- A viaxe resultou moito máis divertida _____ eu esperaba.
- Tomarei café que está menos quente _____ chocolate.
- Vós non sodes tan viaxeiros _____ eles.
- Esta nena é máis simpática _____ a curmá.
- O gatiño quéreme máis a min ___ a ti.
- O tren resulta tan cómodo _____ o camión.

b) A partir da frase o meu can é manso, cuxo adxectivo está en grao positivo, escribe outras frases en que apareza este adxectivo…:
- en grao superlativo:
- en grao comparativo de igualdade:
- en grao comparativo de superioridade:
- en grao comparativo de inferioridade:

c) Tendo en conta os exemplos anteriores, explica agora a diferenza
de significado entre estas parellas de oracións:
- A min gústame máis pasear co meu mozo
- A min gústame máis pasear có meu mozo
- Eu prefiro o pastel co mel.
- Eu prefiro o pastel có mel.

17. a) Escribe as siglas correspondentes aos seguintes nomes:
Organización das Nacións Unidas:
Imposto da Renda das Persoas Físicas:
Produto Interior Bruto:
Imposto sobre o Valor Engadido:
Boletín Oficial do Estado:
Número de Identificación Fiscal:
Organización Nacional de Cegos de España:

b) Substitúe os estranxeirismos que aparecen nas frases seguintes polo termo correcto en galego que aparece ao final do exercicio:
- O lunch está preparado na sala.
- O atleta superou o seu propio record.
- Onte vin na televisión un show moi divertido.
- Despois da cea iremos a un night-club.
- Teño que chequear o motor do meu coche.
- Este é un handicap difícil de superar.
- Sabela traballa de dependenta nunha boutique.
- Hoxe imos xantar naquel self-service.

Formas correctas:
tenda - auto-servicio - sala de festas - marca - almorzo - obstáculo - comprobar
espectáculo

18. a) Relaciona as palabras da columna esquerda coas da dereita de maneira que consigas construír palabras compostas:
auga mol = ..............
salvar auga = ..............
ollo serra = ..............
parar pé = ..............
gardar arder = ..............
moto vidas = ..............
punta lamas = ..............
b) Agora utiliza as palabras compostas que formaches no apartado anterior para completar as seguintes oracións:
- De primeiro prato temos _______________ ao forno.
- Deulle un ______________ á pelota e mandouna ao tellado.
- Bótalle ao café unhas pingas de _______________.
- Se vas saír ao mar recorda levar o ______________.
- O teu coche ten un golpe no _______________ traseiro.
- Levaremos o ____________, parece que vai chover.
- Colle a ______________ e vai espolar uns carballos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario