EXERCICIOS 2 Traballo de apoio


Morfoloxía. Orixe e formación das palabras.
As palabras variables 1 (substantivo e adxectivo)
ACTIVIDADES:
1. As palabras referidas a plantas e animais, como o carballo, o amieiro ou o rodaballo, e os nomes relacionados coa vida doméstica e agrícola, como veiga, berce ou carro é común ás palabras de orixe prerromano.
Trata de establecer un cadro en que sintetices as compoñentes do substrato, do estrato e do superestrato da lingua, e sinala todos aqueles aspectos que consideres característicos de cada momento. Non esquezas sinalar tamén a cronoloxía de entrada dos estratos para que poidas organizar mellor os precedentes que deron orixe ao galego.
Substrato                       Estrato                  Superestrato                             Formación da lingua
Linguas Lingua Linguas Época
Exemplos Exemplos Procedementos
internos
Tipo de
palabras
segundo
época
Época
Época
Época Procedementos
externos
… … … Outros procedementos
2. Repara en que as formas Pleno (<PLENUM), lácteo (<LACTEM), íntegro (<INTEGRUM\) son case idénticas ás correspondentes orixinais latinas, polo que non experimentaron apenas evolución. Isto significa que a súa entrada na lingua é recente e non tivo tempo para desgastarse cos distintos fenómenos que afectan as palabras ao longo do tempo, como si acontece coas formas patrimoniais. No seguinte cadro, trata de adiviñar as palabras que derivan das formas latinas que se che ofrecen, e indica as súas formas cultas, semicultas e patrimoniais. Lembra que podes poñer máis de un exemplo por cada forma. Atende os exemplos:
Étimo latino Forma culta e semiculta Forma patrimonial
LUNAM lunático/a
COLOREM corar
MOLAM
TABULA
VOLUNTATE voluntarioso/a

3. Define o concepto de derivación, composición e parasíntese. Pon dous exemplos de cada tipo de palabras. A continuación, xustifica por que picapedreiro é palabra parasintética e norteamericano derivada realizando a descomposición morfolóxica de cada palabra.
4. Anota algúns préstamos que se che ocorran e indica a lingua da que cres que proceden e se están ou non adaptados. Pensa en se ese préstamo está ou non substituíndo outra palabra existente xa na lingua e que se utilice co mesmo significado; se é así, anota a palabra orixinal galega e marca o préstamo cun asterisco.
Préstamo Lingua de
orixe
Está
adaptado?
É recomendable
o uso do préstamo? Forma galega
parking inglés non non aparcadoiro / *parking
garaxe francés si si garaxe
jueves castelán non non xoves / *jueves
… … … … …
5. Procura nos apuntamentos información sobre a determinación do substantivo e escribe coas túas propias palabras o seu significado. A continuación, resume nun cadro os distintos tipos de determinación que se presentan e asóciao ás clases de palabras que desenvolven esa función. Pon exemplos.
Significado:
Tipo de determinación Clases de palabras Exemplos

6. Revisa os contidos dos apuntamentos e clasifica os seguintes
substantivos de acordo co seu significado e a súa composición
morfolóxica: carballeira, rapaz, Cangas, sabedoría, moeda, leite, bolígrafo,
exército, paraugas, setemesiño.
7. Repasa as normas para a formación do xénero feminino e sintetiza nun
cadro as súas principais características. Préstalle especial atención a
aquelas palabras que presentan diferenzas de significado segundo
aparezan en masculino ou feminino. Fai unha lista coas máis
representativas.
8. Repasa as normas para a formación do número e sintetiza nun cadro as
súas principais características. Utilizando un dicionario escolar ou
Lingua e literatura galegas
1º de Bacharelato de adultos a distancia
indagando en internet, trata de construír unha lista o máis ampla posible
de palabras invariables en canto ao número.
9. O adxectivo posúe a propiedade de graduar en intensidade a
cualificación que realiza do substantivo que acompaña. Así, unha casa
pode ser grande, moi grande, a máis grande, tan grande como…, etc.
Recoñécense tres graos: positivo, comparativo e imperativo. Consultando
os apuntamentos, repara especialmente na construción do comparativo e
do superlativo. Sintetiza nun cadro os usos das conxuncións
comparativas de igualdade como e coma, así como das conxuncións de
superioridade e inferioridade ca, que e do que. Trata de responder estas
preguntas: en que casos concretos se utiliza cada unha delas?, con que
elementos poden contraer?, con que elementos non poden contraer? Pon
exemplos.
10. Se non o fixeches no exercicio anterior, consulta os apuntamentos e
repara especialmente na construción do comparativo e do superlativo.
Sintetiza nun cadro os usos das conxuncións comparativas de igualdade
como e coma, así como das conxuncións de superioridade e inferioridade
ca, que e do que. Trata de responder estas preguntas: en que casos
concretos se utiliza cada unha delas?, con que elementos poden
contraer?, con que elementos non poden contraer? Pon exemplos.
Tendo en conta o cadro sintético que elaboraches, coloca a conxunción
comparativa que mellor lle corresponda a cada exemplo:
1. Era_______fedello________o seu curmán
2. Obtivo uns resultados mellores ____________pensaba
3. É case__________rico__________o alcalde.
4. Nunca estaba_____________atento________min.
5. Agora é_______________forte_______________o Ricardo.
6. Penso que ten ________ poderes_____________ti
7. Atopou ____________moedas ___________ se propuxo.
8. Está _____________alto_________a irmá.
9. Vale__________ser pillo________pillado.
10. Estás __________ tolo _________ nunca.
11. Fixo___________se non nos vise.
12. Ti fai ___________ el e xa verás.
Lingua e literatura galegas
1º de Bacharelato de adultos a distancia
RESPOSTAS:
1:
Coa realización deste exercicio preténdese que sexas ti mesmo/a quen esquematices ou
resumas coas túas propias palabras os contidos de cada aspecto teórico. Por isto, podes optar
por modificar esta táboa ao teu xeito, de modo que representes mellor cada concepto complexo
da unidade. Ademais, este exercicio tamén trata de facerche ver a utilidade dos recursos
esquemáticos e sintéticos para concentrar a información, e o interese que posúen como
método de estudo e recuperación da información.
2:
Étimo latino Forma culta e semiculta Forma patrimonial
LUNAM lunático/a, lunación, lunar,
lunario, lunático/a, lunisolar, etc.
lúa, luada, luar, luarada,
aluado/a, etc.
COLOREM
color, colorable, coloración,
colorado/a, colorante, colorar,
colorear, colorete, colorido,
colorimetría, colorismo, colorista,
etc.
cor, corar.
MOLAM molar, premolar, etc. moa.
TABULA tabular, tabulario, taboleiro,
tabulador, etc.
táboa, taboado, taboadela,
taborela, etc.
VOLUNTATE
voluntarioso/a, voluntariado,
voluntariedade, voluntarismo,
voluntarista, etc.
vontade.
3:
Derivación: procedemento de formación de palabras consistente en engadirlle a un lexema
prefixos e/ou sufixos. Panadeiro, empanar, etc.
Composición: procedemento de formación de palabras novas consistente na unión de dúas ou
máis palabras ou morfemas léxicos. Xordomudo, tapacubos.
Parasíntese: procedemento de formación de palabras no que se dá, á vez, derivación e
composición. Picapedreiro, aclarar.
-Picapedreiro é parasintética porque se forma simultaneamente por derivación e composición:
pedra>*pedreiro>picapedreiro. Na secuencia de formación da palabra, tómase á vez a
derivación e a composición, porque non existe, de feito, ningunha palabra que se corresponda
co elemento intermedio *pedreiro.
Pica-(Lexema)-pedr-(lexema)-eir-(MGLDS)-o(MGLF de xº)-Ø(MGLDF de nº)
-Norteamericano, en cambio, é derivada porque se le engade o sufixo –ano á forma composta
xa existente na lingua Norteamérica.
Norte-(Lexema)-americ-(Lexema)-an-(MGLDS)-o(MGLF de xº)-Ø(MGLDF de nº)
4 e 5:
Exercicios de realización libre. Coa realización deste exercicio preténdese que sexas ti
mesmo/a quen esquematices ou resumas coas túas propias palabras os contidos de cada
aspecto teórico. Por isto, podes optar por modificar esta táboa ao teu xeito, de modo que
Lingua e literatura galegas
1º de Bacharelato de adultos a distancia
representes mellor cada concepto complexo da unidade. Ademais, este exercicio tamén trata
de facerche ver a utilidade dos recursos esquemáticos e sintéticos para concentrar a
información, e o interese que posúen como método de estudo e recuperación da información.
6:
Carballeira: substantivo común, concreto, contable, colectivo. Derivada.
Rapaz: substantivo común, concreto, contable, individual. Simple.
Cangas: substantivo propio. Simple.
Sabedoría: substantivo común, abstracto. Simple.
Moeda: substantivo común, concreto, contable, individual. Simple.
Leite: substantivo común, concreto, incontable. Simple.
Bolígrafo: substantivo común, concreto, contable, individual. Composta.
Exército: substantivo común, concreto, contable, colectivo. Simple.
Paraugas: substantivo común, concreto, contable, individual. Composta.
Setemesiño: substantivo común, abstracto. Parasintética.
7, 8 e 9:
Exercicio de realización libre. Coa realización deste exercicio preténdese que sexas ti mesmo/a
quen esquematices ou resumas coas túas propias palabras os contidos de cada aspecto
teórico. Por isto, podes elaborar unha táboa de modo que representes mellor cada concepto
complexo da unidade. Ademais, este exercicio tamén trata de facerche ver a utilidade dos
recursos esquemáticos e sintéticos para concentrar a información, e o interese que posúen
como método de estudo e recuperación da información.
10:
1. Era_MÁIS/MENOS__fedello__CA O / CÓ / QUE_O_ seu curmán
2. Obtivo uns resultados mellores __DOS QUE___pensaba
3. É case____TAN___rico_COMA/COMO o alcalde.
4. Nunca estaba___MÁIS________atento__CA_____min.
5. Agora é______TAN_________forte_COMA / COMO_o Ricardo.
6. Penso que ten __TANTOS______ poderes___COMA_____ti
7. Atopou ___MÁIS / MENOS__moedas __DO QUE___ se propuxo.
8. Está ___MÁIS____alto__CA A / QUE A / CÁ__ irmá.
9. Vale___MÁIS_____ser pillo__QUE___pillado.
10. Estás __MÁIS_____ tolo _QUE / CA___ nunca.
11. Fixo__COMO____se non nos vise.
12. Ti fai __COMA___ el e xa verás.

Ningún comentario:

Publicar un comentario